TR790A – Programa Nova Oportunidade para Traballadores Autónomos

Obxecto

Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.

A quen vai dirixido?

As persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade e que queren volver a emprender.

Requisitos

  1. Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024.
  2. Ter a última alta no RETA antes desta nova alta, dentro dos últimos 3 anos.
  3. Tener cotizado polo menos durante 3 meses ininterrompidos.
  4. Estar inscrita como demandante de emprego sen ocupación efectiva.
  5. Transcorrer un mínimo de seis meses entre a nova alta e a anterior baixa.
  6. Ter o domicilio fiscal en Galicia.
  7. Iniciar a actividade antes da presentación da solicitude.
  8. Dar baixa no imposto de actividades económicas da actividade anterior.

Prazo de Presentación

Prazos:

Desde o 23/01/2024 00:00 ata o 31/10/2024 23:59.

Normativa

Ámbito Autonómico. Orde do 28 de decembro de 2023, DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2024. Ligazón á normativa

Contacto

Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

2024 ® Gestem
Unión Europea

Desarrollado por QUADRALIA