Obxecto
As axudas teñen por obxecto favorecer a contratación por conta allea de persoas desempregadas na empresa ordinaria e entidades sen ánimo de lucro, así como a formación destas persoas no ámbito empresarial. Existen dúas liñas de axudas:
1. Incentivos á contratación por conta allea
- Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
- Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
- Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
- Axudas para adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
2. Incentivos ás accións formativas
Centradas en persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial.
A quen se dirixe?
Poderán ser beneficiarias das axudas as entidades empregadoras que contraten persoas traballadoras para servizos en Galicia, así como os centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.
Requisitos
As entidades deberán cumprir con determinados requisitos como non estar al día en obrigas tributarias, entre outros.
Prazo de Presentación
Prazo de presentación: PECHADO
Desde: 26/01/2024 00:00 – ata: 30/09/2024 23:59
Contacto
Contacto:
986 33 37 57
lupe@gestem.net
Normativa
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024.