TR342C – Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación

Obxecto

As axudas teñen por obxecto favorecer a contratación por conta allea de persoas desempregadas na empresa ordinaria e entidades sen ánimo de lucro, especialmente das que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

Colectivos vulnerables

Inclúe incentivos para mozos, parados de longa duración, persoas de 52 anos ou máis, emigrantes retornados, mulleres, e persoas con discapacidade.

Liñas de axudas

1. Incentivos á contratación que inclúen:

  • Detalle da contratación indefinida inicial.
  • Aumento de xornada de contratacións indefinidas.
  • Aumento da duración de contratos fixos-descontinuos.
  • Axudas para adaptación de postos de traballo.

2. Incentivos a accións formativas no centro de traballo para mellorar coñecementos e habilidades.

A quen vai dirixido

Poderán ser beneficiarias as empresas e entidades que contraten traballadores por conta allea en Galicia.

Requisitos

As entidades solicitantes deben cumprir determinados requisitos, entre eles:

  • Non poderán ser administracións públicas.
  • Necesitan acreditar a súa situación respecto aos compromisos asumidos.
  • As sociedades deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade.

Contacto

Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

Normativa

Ligazón á normativa que detalla as bases reguladoras: Normativa 2024

Prazo de presentación

PRAZO: 26/01/2024 – 30/09/2024

2024 ® Gestem
Unión Europea

Desarrollado por QUADRALIA