TR341R – AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA

Información sobre as Axudas

Este programa ten como obxecto aprobar as bases reguladoras das axudas á conciliación da vida familiar e laboral para traballadores autónomos en Galicia.

Plazo de presentación

Prazo pechado: 25/01/2024 00:00 – 30/09/2024 23:59

A quen vai dirixido?

  • Poderán beneficiarse as persoas traballadoras autónomas que estén dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar.
  • Os solicitantes deben ter o seu domicilio fiscal en Galicia e cumplir cos requisitos especificados na normativa.

Tipos de bonos

Bono Autónomo Concilia I: Dirixido a quen estea de baixa por maternidade ou paternidade, xunto coa contratación de substitución.

Bono Autónomo Concilia II: Para solicitantes con parentesco ou convivencia con persoas que necesiten coidado.

Bono Autónomo Concilia III: Acreditar contratación de centros ou servizos de coidado.

Normativa

Consulta a normativa para máis detalles sobre os requisitos e a convocatoria en: Orde do 2 de xaneiro de 2024.

Contacto:

986 33 37 57
lupe@gestem.net

TR790A – Programa Nova Oportunidade para Traballadores Autónomos

Obxecto

Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.

A quen vai dirixido?

As persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade e que queren volver a emprender.

Requisitos

  1. Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024.
  2. Ter a última alta no RETA antes desta nova alta, dentro dos últimos 3 anos.
  3. Tener cotizado polo menos durante 3 meses ininterrompidos.
  4. Estar inscrita como demandante de emprego sen ocupación efectiva.
  5. Transcorrer un mínimo de seis meses entre a nova alta e a anterior baixa.
  6. Ter o domicilio fiscal en Galicia.
  7. Iniciar a actividade antes da presentación da solicitude.
  8. Dar baixa no imposto de actividades económicas da actividade anterior.

Prazo de Presentación

Prazos:

Desde o 23/01/2024 00:00 ata o 31/10/2024 23:59.

Normativa

Ámbito Autonómico. Orde do 28 de decembro de 2023, DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2024. Ligazón á normativa

Contacto

Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

TR341D – Promoción do emprego autónomo

Convocatoria 2024

Prazo pechado: 16/01/2024 00:00 – 30/09/2024 23:59

Obxecto

Este programa establece as bases reguladoras para a concesión de axudas financeiras dirixidas a persoas desempregadas que desexan iniciar a súa actividade como autónomos en Galicia.

Liñas de axudas

  • Liña 1: Axuda para o inicio da actividade e mantemento do emprego como traballador autónomo.
  • Liña 2: Subvención para cubrir os gastos de mantemento da actividade, equivalente a 12 meses de cota reducida.

A quen vai dirixido?

Dirixido a persoas que se inscriban como autónomos entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024.

Requisitos

Os solicitantes deben cumprir varias condicións, tales como estar inscritos como demandantes de emprego e ter iniciado a súa actividade antes da presentación da solicitude.

Documentación

É necesario presentar a solicitude no modelo establecido, acompañada da documentación pertinente.

Normativa

Consulta a normativa detallada: Orde do 28 de decembro de 2023

Contacto

Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

2024 ® Gestem
Unión Europea

Desarrollado por QUADRALIA