CO300C – Subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal

Obxecto

A concesión de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal.

A quen vai dirixido?

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

Requisitos

  1. Comerciantes retallistas deben:
    • Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.
    • Ter a condición de peme.
    • Estar dados de alta nas epígrafes do IAE.
    • Desenvolver a actividade comercial nun establecemento cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados.
  2. Obradoiros artesáns deben estar inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  3. Non poderán ser beneficiarias as empresas en crise ou as que xá recibisen axudas similares no ano anterior.

Prazos de Presentación

Inicio: 03/02/2024 00:00
Fin: 04/03/2024 23:59

Normativa

Orde do 11 de xaneiro de 2024, DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2024. Consultar normativa

Contacto

Para máis información:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

SI429A – Programa Emega

Convocatoria 2024

Plazo pechado: 28/08/2024 00:00 – 27/09/2024 23:59

El programa Emega tiene como objetivo apoyar y fomentar el emprendimiento femenino en Galicia y la creación de empleo, tanto por cuenta propia como ajena, haciendo hincapié en iniciativas empresariales lideradas por mujeres.

Líneas de ayuda

  • Liña Emprende: Ayudas económicas para nuevas iniciativas empresariales.
  • Liña Activa: Ayudas para la reactivación y mejora de empresas existentes.
  • Liña ITEF: Fomento de iniciativas empresariales innovadoras.
  • Axuda complementaria Concilia: Para promover la conciliación de la vida personal y laboral.

A quién va dirigido

Las beneficiarias son empresas privadas formadas por mujeres que inicien su actividad económica entre el 1 de agosto de 2023 y el fin del plazo de presentación.

Requisitos

Las empresas deben cumplir con diversas condiciones que garantizan su viabilidad y el cumplimiento de la normativa reguladora. Esto incluye estar constituidas como micro o pequeñas empresas, tener el capital mayoritariamente en manos de mujeres y mantener su actividad económica por un mínimo de 18 meses.

Contacto:

Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

Normativa

Puedes consultar la normativa en el siguiente enlace (se abrirá en una nueva ventana): Orde do 13 de agosto de 2024.

CO300D – Subvencións do Programa de Comercio Circular

Convocatoria 2024

O programa de Comercio Circular ofrece subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a execución de proxectos relacionados co comercio circular en Galicia. As solicitudes deben presentarse de forma electrónica.

Destinatarios

Beneficiarios:

  • Comerciantes retallistas con tenda física.
  • Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  • Asociacións de comerciantes que cumplan requisitos específicos de antigüidade e contas aprobadas.
  • Pemes e persoas autónomas do sector téxtil.

Requisitos

  • Desenvolver a actividade comercial en Galicia.
  • Contar cun número limitado de traballadores e estar dado de alta no IAE.
  • Non estar en crise, conforme ao Regulamento (UE) nº 651/2014.

Prazo de presentación

Prazo pechado: 14/08/2024 00:00 – 13/09/2024 23:59

Normativa

A normativa que regula este procedemento é a Orde do 30 de xullo de 2024 e as modificacións posteriores.

Contacto

Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

TR880A – Axudas ao Emprendemento

Obxecto

As subvencións ao emprendemento están dirixidas a persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas (incluíndo cooperativas e sociedades laborais) que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022. Esta convocatoria aplícase no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2024.

A quen vai dirixido?

Serán beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e pequenas e medianas empresas segundo a definición da Comisión Europea, así como as sociedades cooperativas e laborais que cumpran requisitos específicos.

Requisitos

  1. Ter o domicilio fiscal en Galicia.
  2. Figurar inscritas nos correspondentes rexistros administrativos.
  3. Estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social.
  4. No caso de persoas mutualistas, presentar documentación adicional.

Prazo de presentación

Prazo pechado: 12/02/2024 00:00 – 05/09/2024 23:59

Contactos

Contactar co teléfono: 986 33 37 57 ou por email: lupe@gestem.net

Normativa

Pódese consultar a normativa completa na Orde do 16 de xaneiro de 2024, que establece as bases reguladoras para estas subvencións.

TR342C – Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación

Obxecto

As axudas teñen por obxecto favorecer a contratación por conta allea de persoas desempregadas na empresa ordinaria e entidades sen ánimo de lucro, especialmente das que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

Colectivos vulnerables

Inclúe incentivos para mozos, parados de longa duración, persoas de 52 anos ou máis, emigrantes retornados, mulleres, e persoas con discapacidade.

Liñas de axudas

1. Incentivos á contratación que inclúen:

  • Detalle da contratación indefinida inicial.
  • Aumento de xornada de contratacións indefinidas.
  • Aumento da duración de contratos fixos-descontinuos.
  • Axudas para adaptación de postos de traballo.

2. Incentivos a accións formativas no centro de traballo para mellorar coñecementos e habilidades.

A quen vai dirixido

Poderán ser beneficiarias as empresas e entidades que contraten traballadores por conta allea en Galicia.

Requisitos

As entidades solicitantes deben cumprir determinados requisitos, entre eles:

  • Non poderán ser administracións públicas.
  • Necesitan acreditar a súa situación respecto aos compromisos asumidos.
  • As sociedades deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade.

Contacto

Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

Normativa

Ligazón á normativa que detalla as bases reguladoras: Normativa 2024

Prazo de presentación

PRAZO: 26/01/2024 – 30/09/2024

TR349F – Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas

Convocatoria 2024 – Prazo pechado

O prazo para a presentación das solicitudes desta axuda comezou o 05 de febreiro de 2024 e rematou o 30 de setembro de 2024. Esta convocatoria ten como obxecto incentivar a contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de axuda

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  • Bono de contratación: subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
  • Bono de formación: dirixido ás persoas contratadas para accións formativas que melloren os seus coñecementos.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido. Non podrán ser beneficiarias aquelas persoas que desenvolvesen a mesma actividade nos tres meses anteriores ao inicio da nova alta na Seguridade Social.

Requisitos

As contratacións deben cumprir varios requisitos, como realizarse dentro do período subvencionable desde o 30 de setembro de 2023 até o 29 de setembro de 2024, e ser comunicadas ao Servizo Público de Emprego.

Documentación para a presentación

As solicitudes deben presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) e achegar a documentación establecida na convocatoria.

Normativa

Orde do 28 de decembro de 2023 que establece as bases para a promoción e consolidación do emprego autónomo e procede á súa convocatoria para o ano 2024. Para máis información, consulte a normativa aquí.

Contacto

Se ten dúbidas ou necesita axuda, póñase en contacto con:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

TR341Q – Bono das Persoas Autónomas

Obxecto

Concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da Subvención

Esta subvención permite financiar o 60% da actividade subvencionada, cun límite máximo de 7.000 euros. Está destinada para a mellora da competitividade de actividades empresariais que inclúen:

  • Compra de maquinaria.
  • Mellora da eficiencia enerxética.
  • Substitución de combustibles fósiles.
  • Compra de enxoval e ferramentas.
  • Reforma do local do negocio.
  • Equipamento informático e de oficina.
  • Deseño de marca.

Os investimentos deben ser contratados con provedores da actividade obxecto da subvención.

Requisitos

Poderán optar as persoas traballadoras autónomas e sociedades con domicilio en Galicia, que cumpran condicións como antigüedad de 42 meses en actividades empresariais e facturación mínima anual de 12.000 euros.

Prazo de Presentación

Prazo pechado: 29/01/2024 – 30/09/2024

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 29 de xaneiro de 2024 e remata o 30 de setembro de 2024.

Datos de Contacto

Contacto:
986 33 37 57
lupe@gestem.net

Normativa

Ámbito Autonómico: Orde do 28 de decembro de 2023

TR349W – Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas

Obxecto

O programa busca favorecer a contratación de mulleres desempregadas en ocupacións tradicionalmente masculinizadas, contribuíndo así a aumentar a ocupación feminina neste tipo de traballos.

A quen vai dirixido?

Os beneficiarios deste programa son as entidades empregadoras e empresas que contraten mulleres en ocupacións masculinizadas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

As empresas con 50 ou máis traballadores deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade e non poderán ser beneficiarias as administracións públicas.

Plazos de presentación

Inicio: 19/07/2024 00:00 – Fin: 30/09/2024 23:59

Datos de contacto

Contacto: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

Normativa

Pode consultar a normativa a través do seguinte enlace: Norma do 9 de xullo de 2024.

TR353D – Bono Remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional

Obxecto

A concesión das axudas do Bono Remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias do Bono remuda as persoas traballadoras autónomas, persoas profesionais que estén dadas de alta no RETA, así como persoas mutualistas e sociedades con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude.

Requisitos

Os negocios deben ter, como mínimo, 5 anos de antigüidade e non ter transcorrido máis de 12 meses entre a publicación da orde e a baixa no RETA. A transmisión debe realizarse mediante contrato de traspaso ou venda elevado a escritura pública.

Normativa

Ámbito Autonómico: Orde do 23 de maio de 2024. Ligazón á normativa

Prazos de Presentación

Prazos: 07/06/2024 00:00 – 30/10/2024 23:59

Contacto:

986 33 37 57
lupe@gestem.net

TR353C – PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL MOCIDADE

Introducción

A convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, dotando ás mozas de competencias para o emprego.

A quen vai dirixido?

Os beneficiarios son persoas empregadoras e empresas que contraten persoas mozas para prestar servizos en centros de traballo en Galicia. Esto inclúe as persoas autónomas, comunidades de bens e sociedades civís.

Requisitos

  1. No poderán ser entidades beneficiarias as administracións públicas.
  2. As empresas deberán xustificar que non están incursas en prohibicións para obter subvencións.
  3. Requírense declaracións responsables como parte da solicitude.

Plazos de presentación

El prazo de presentación será do 23/05/2024 00:00 ao 30/09/2024 23:59.

Contacto

Para información adicional, pode chamar ao 986 33 37 57 ou escribir a lupe@gestem.net.

Normativa

Ámbito Autonómico Orde do 6 de maio de 2024, dispoñible en esta ligazón.

2024 ® Gestem
Unión Europea

Desarrollado por QUADRALIA