TR790A – Programa Nova Oportunidade

Convocatoria 2024

Prazos de presentación: 23/01/2024 00:00 – 31/10/2024 23:59

Este programa está dirixido a persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e desexan emprender un novo negocio. A continuación, se detallan os criterios e requisitos que deben cumprirse para a solicitude:

Obxecto

Establécese unha modalidade de axuda para persoas autónomas que desexan reiniciar a súa actividade tras un período de inactividade.

A quen vai dirixido?

As persoas autónomas que foran autónomas anteriormente e queren volver emprender.

Requisitos

  1. Alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou equivalente entre 31 de outubro de 2023 e 30 de outubro de 2024.
  2. Última alta no RETA dentro dos últimos 3 anos antes da nova alta.
  3. Ter cotizado polo menos 3 meses ininterrompidos no RETA ou equivalente antes da nova alta.
  4. Inscrición como demandante de emprego e falta de ocupación efectiva antes da nova alta.
  5. Transcorrer un período mínimo de seis meses entre a nova alta e a anterior baixa.
  6. Domicilio fiscal en Galicia e desenvolvemento da nova actividade económica na mesma.
  7. Inicio da actividade antes da presentación da solicitude.
  8. Baixa no imposto de actividades económicas da actividade anterior.

Contacto

Email: lupe@gestem.net
Teléfono: 986 33 37 57

Normativa

Orde do 28 de decembro de 2023

2024 ® Gestem
Unión Europea

Desarrollado por QUADRALIA