Obxecto
As axudas teñen por obxecto favorecer a contratación por conta allea de persoas desempregadas na empresa ordinaria e entidades sen ánimo de lucro, especialmente para colectivos vulnerables como mozas, mulleres, persoas paradas de longa duración, e persoas con discapacidade.
Modalidades de Incentivos
Inclúen:
- Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
- Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
- Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
- Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarias as persoas empregadoras e empresas que contraten persoas traballadoras, así como centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral. Non se admitirán administracións públicas.
Requisitos
As entidades solicitantes deberán cumprir certos requisitos como a cota de reserva para persoas con discapacidade en empresas de 50 ou máis traballadores.
Plazos
Fecha inicio: 31 de xaneiro de 2025
Fecha fin: 30 de setembro de 2025
Contacto
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net
Normativa
Ámbito Autonómico: Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega.